Testemuño dunha escritura de foro outorgada en 1670 por Benita Becerra Prado, viúva do rexedor Juan López de Basadre, a Andrés López de Valado, dunha casa na rúa das Casas Reais de Santiago de Compostela, pola vida dos foreiros e tres vidas de reis, en renda de 18 ducados.
Fecha de creación
1826-04-06 / 1826-04-12. Santiago de Compostela
Fecha de acumulación
1826-04-06 / 1826-07-12. Santiago de Compostela
Otras fechas
1670-08-30 / Santiago de Compostela (fecha de documento inserto)
Familia formada polo casal de Santiago Casares Paz e Rogelia Quiroga e os seus oito fillos.
Trátase dunha familia de fondas conviccións republicanas.
Santiago Casares, pai e fillo, pertenceron á masonería. O pai pertenceu a loxia Brigantia número 24 ata o ano 1895. No ano 1919 uniuse, xunto co seu fillo, na Loxa Gallaecia número 408. Anos máis tarde Santiago Casares Quiroga ingresou na Suevia número 4.
Santiago Casares Paz naceu en 1845. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e, no ano 1866, trasladouse á Coruña. Casou con Rogelia Moredo Quiroga.Tiveron varios fillos, aínda que só Santiago e Arturo Casares Quiroga chegaron á idade adulta. De feito Arturo morreu de tuberculose, un mes despois de casar con Cándida Ariza, o 31 de xaneiro de 1894.
Casares Paz gozou dunha posición económica e social privilexiada, xa que exerceu como administrador de bens e rendas das máis importantes familias da burguesía local e da nobreza. Especialmente dos condes de Taboada, familia Torres Moreno, Torres Krus, Adalid, etc.
Tamén exerceu outras actividades. Desde 1888 foi administrador da Sociedad de Seguros Mutuos de Incendios de Casas da Coruña, cargo que alternará co seu fillo ata 1916, no que lle cede o posto ao fillo. Esta empresa tiña a súa sede na rúa Panadeiras número 56. Alí instalaron os Casares o seu despacho de avogados e administradores.
Santiago Casares Paz faleceu en San Sebastián o 23 de xuño de 1920.
A familia Casares tamén tiña parte como accionista na publicación Terra Galega. Santiago Casares foi o director entre os anos 1914 e 1917.
Arturo Casares Quiroga foi un brillante avogado. Especial mención tivo a súa actuación nos sucesos de maio de 1901 na primeira folga xeral dese ano.
Santiago Casares Quiroga naceu na Coruña o 8 de maio de 1884. Estudou na casa nos primeiros anos de vida, debido á súa mala saúde, pois tamén padeceu tuberculose, e despois ingresou no colexio Dequidt.
En 1905 empezou os estudos de dereito en Santiago de Compostela pero ao pouco trasladouse a Madrid, onde naceu a súa primeira filla, Esther Casares Quiroga, da que se fixo cargo, froito dunha relación extramatrimonial.
Politicamente se iniciou en Solidaridad Gallega.
No ano 1911 empezou a exercer como avogado e obtivo o cargo de concelleiro da Coruña, cargo que tamén exercía o seu pai.
No ano 1914 foi elixido quinto e logo cuarto tenente de alcalde.
A finais do ano 1915 saíron, pai e fillo, elixidos novamente concelleiros, primeiro tenente de alcalde e síndico, respectivamente.
Ese mesmo ano Casares Quiroga obtivo a praza de profesor axudante da Escola de Comercio.
Santiago Casares Paz foi elixido alcalde o 19 de decembro de 1917. Cargo que exerceu ata o 31 de decembro dese mesmo ano. Santiago Casares Quiroga seguiu a exercer o cargo de síndico. Na nova corporación participaba ademais na Comisión de Pases e Festas, na administración do teatro Rosalía de Castro, na Xunta Local de Emigración, na Xunta de Obras do Porto e na Xunta de Casas Baratas.
Ademais de colaborar co seu pai na administración de bens e rendas, foi presidente do Casino republicano da Coruña ou na sociedade Recreativa e Instructiva de Artesanos.
Casares Quiroga casou con Gloria Pérez Corrales, filla dunha traballadora da Fábrica de tabacos e costureira, o 25 de outubro de 1921. Do matrimonio naceu a célebre actriz María Casares o 21 de novembro de 1922.
A ditadura de Primo de Rivera deixou en suspenso a súa actividade política.
No ano 1926, no aniversario da I República, un grupo de intelectuais de esquerdas, radicais e reformistas crearon Alianza Republicana, á que se sumou o núcleo do Casino Republicano da Coruña.
Pertenceu a esta organización ata 1929, ano no que ingresou na ORGA, Organización Republicana Gallega Autónoma.
No pacto de Lestrobe do ano 1930 xorde a FRG, Federación Republicana Gallega.
Un punto negro na biografía de Casares Quiroga será a Intentona de Jaca de 12 de decembro de 1930, liderada polo capitán Fermín Galán. Casares, xunto con outros políticos, foi encargado de ir desde Madrid a esa poboación para iniciar unha sublevación contra a monarquía, pero foi un fracaso. Como consecuencia, ingresou no cárcere Modelo.
Nas eleccións municipais de 12 de abril de 1931 volveu ser elixido concelleiro pola Coruña en representación de ORGA, pero trala proclamación da II República foi nomeado ministro de Mariña.
Nas eleccións a Cortes de 28 de xuño de 1931 saíu elixido pola provincia da Coruña. Coa crise de goberno de 13 de outubro, trala que Azaña ocuparía a presidencia do goberno, Casares Quiroga foi nomeado ministro de Gobernación. Cargo no que seguirá ata o seu nomeamento como ministro de Xustiza en xuño de 1933.
En outubro de 1932 créase o PRG, Partido Republicano Gallego, do que Casares Quiroga será presidente.
Trala dimisión de Azaña o 8 de setembro de 1933, Lerroux pasou a ocupar a Presidencia do Goberno e Casares Quiroga deixou o ministerio.
En abril do ano 1934 fusiónasen diversos partidos republicanos de esquerdas, dando lugar a Izquierda Republicana.
O 16 de febreiro de 1936 gañou as eleccións ás Cortes a Frente Popular. Á fronte do goberno estará novamente Azaña e Casares pasa a ser ministro de Obras Públicas.
Alcalá Zamora, presidente da República, foi destituído o 26 de abril dese ano e foi elixido para o cargo Azaña. Casares Quiroga pasou a exercer a presidencia do Goberno ata qur tivo que exiliarse, ao finalizar a Guerra Civil Española en Francia. Trala ocupación das tropas nazis, Casares Quiroga viaxa a Inglaterra, aínda que a súa muller e filla, María, permanecen en París, ata xullo de 1945. Daquela, Santiago regresou a París, e alí continuará no exilio ata a súa morte o 17 de febreiro de 1950.
Á súa filla Esther Casares estaba na casa dos seus sogros, en Miño, cando estalou a Guerra. Foi detida e pasou unha temporada no cárcere ata que en agosto de 1939 quedou en liberdade vixiada. No ano 1955 o goberno franquista lle permitiu abandonar o país.
O fondo ingresou no Arquivo por depósito do Estado trala sentenza do 7 de marzo de 1940 do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas contra Santiago Casares Quiroga, que o declarou incurso en responsabilidade impoñéndolle 15 anos de inhabilitación absoluta, 15 de estranamento e a perda total do seus bens e da nacionalidade.
Alcance y contenido
Escribán do testemuño: Pedro Pérez López, escribán real de Santiago.